Novas de Castrelo
- Xoves, Sábado, 23 de Novembro do 2024
Os seis irmáns Bolechas e o seu can Chispa non podían faltar á súa cita en Castrelo de Miño cunha actividade familiar e participativa. O domingo 24 de setembro ás 12 horas no Salón de Actos do albergue do Parque Náutico.
Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos están facendo o Camiño de Santiago e paran na pensión de Eustaquio acompañados do seu can Chispa. Eustaquio acepta darlles aloxamento a cambio de que xoguen con el a un peculiar xogo da oca que os obrigará a superar, coa axuda e participación do público, diferentes probas de habilidade física e de coñecementos culturais sobre Galicia adaptados a rapaces de 4 a 10 anos. Cultura, xeografía, gastronomía, tradicións? todo terá cabida nesta divertida iniciativa para que os nenos e nenas aprendan e se divirtan en galego, a lingua que sempre falan Os Bolechas.