INSTALACIÓNES / Deporte
- Alejandro Ferrer, 2A 32430, As Cortiñas ? Santa María, Castrelo de Miño
Información
O complexo conta no á esquerda do edificio do Parque Náutico cun albergue de 56 prazas, xestionado na actualidade pola empresa Móvete. No mesmo edificio tamén se atopa un salón de actos, a sala TurCastrelo, a cafetería-restaurante, a sede de Protección Civil e unha contorna inigualable con zonas de lecer, como parques infantís, biosaúdables e unha pista multideportiva.
Este complexo é un referente nos deportes náuticos e como tal dispón das instalacións necesarias para a práctica de remo ou piragüismo. Todas aquelas persoas interesadas, así como clubs, teñen ao seu alcance, ademais do albergue, vestiarios, aparcadoiro con 100 prazas, embarcadoiros e naves para gardar as embarcacións. De feito, Castrelo de Miño caracterízase por ter no seu encoro una das tres pistas olímpicas de remo e piragüismo do Estado, o que acompaña cunha torre de chegada para as numerosas competicións que nela celébranse.
En tempada estival, o complexo atrae a un elevado número de persoas que poden gozar, ademais de todas estas posibilidades, de lecer acuático con pedaletas, un catamarán con viaxes guiadas polo encoro, kaiaks, piraguas, táboas de windsurf e padelsurf, entre outros.
Máis información:
Náutico de Castrelo:
http://nauticocastrelo.com/es/
Club Náutico de Castrelo:
http://www.clubnauticocastrelo.es/galego/aluguer/index.php
Localización