Ir arriba

Sábado, 30 de Noviembre de 2024

Cargando ...
/
el tiempo
Búsqueda de noticias

Noticias de Castrelo

  • Martes, Sábado, 30 de Noviembre de 2024

Castrelo de Miño acolle a terceira actuación do Obradoiro A Ribeira

Castrelo de Miño acolle a terceira actuación do Obradoiro de Emprego A Ribeira desde o pasado mes. Este obradoiro que Castrelo comparte con Carballeda de Avia e Ribadavia, componse de dous módulos formativos, Atención Sociosanitaria a Persoas no domicilio (de 600 horas e nivel II) e o de Actividades Auxiliares en Viveiros, xardíns e centros de xardinería (de 330 horas e nivel I).

Galería de fotos

Obradoiro de Emprego
Adecuación da ribeira do río á altura de A Ponte.
Saneamento das augas termais.
Termas de Castrelo á altura da presa.
Construcción dunha pasarela de madeira para acceder á zona das termas.
Contorna da zona de traballos.
Adecuación do regato de Reigoso á altura de A Ponte.
Castrelo de Miño acolle a terceira actuación do Obradoiro A Ribeira
Son 10 os alumnos traballadores por módulo que optan por un certificado de profesionalidade dentro deste obradoiro subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e encadrado en tres fases que se corresponden cun lugar na impartición da docencia. Desde o comezo o 20 de setembro de 2016 e ata o 13 de decembro, en Ribadavia; ata o 8 de febreiro en Carballeda; e, finalmente, desde o 9 de febreiro en Castrelo ata a súa finalización o próximo 29 de marzo.

Con este obradoiro de 6 meses búscase que o alumnado seleccionado adquira as competencias suficientes para axudar no ámbito sociosanitario no domicilio daquelas persoas con especiais necesidades de saúde física, psíquica e social, no caso de Axuda no Fogar; e o de auxiliar na implantación e mantemento de xardíns, parques e zonas verdes para o de Xardinería.

Os alumnos e alumnas do obradoiro de Xardinería seguen a realizar traballos no municipio con vistas a limpar e rozar as marxes dos regatos nunha distancia aproximada de 3 metros. Ademais, aproveitarán para arrombar o acceso ás pozas termais coas que aínda conta Castrelo de Miño no pé da presa. Por outra banda, a posta en práctica dos coñecementos teóricos permitirá que o alumnado elimine especies invasoras ou a recollida de lixo e de árbores caídas.

Nun mes que levan actuando neste ámbito, puideron limpar a marxe do río Miño á altura de A Ponte, onde tamén adaptaron o camiño de acceso ás termas -as cales tamén canalizaron- a través dunha pasarela de madeira. Ademais, limparon, á mesma altura, o regato de Reigoso.

Pola súa banda, os alumnos e alumnas do obradoiro de Axuda no Fogar encóntranse neste momento realizando as prácticas. Parte do alumnado está a facelas no Servizo de Axuda no Fogar de Castrelo de Miño co apoio dunha traballadora que os tutela nas funcións que estes profesionais desenvolven actualmente en 40 domicilios do municipio.
Ayuntamiento de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Ayuntamiento de Castrelo de Miño. - Todos los derechos reservados // Privado - Diseño, maquetación y programación web a medida Grupo5.com