Noticias de Castrelo
- Lunes, Miércoles, 27 de Noviembre de 2024
XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
FAGO SABER que o IMSERSO regula o procedemento de solicitude do Programa de Turismo Social 2017/2018.
Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
? Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.
? Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
? Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
? Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.
As e os solicitantes deberán valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
Poderán participar o cónxuxe ou parella de feito sen necesidade de que éstos reúnan os requisitos de idade ou pensión.
Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao igual ou superior ao 45%.
Ofértanse distintas modalidades:
? Zona Costeira Peninsular: Andalucía, Catalunya, Comunitat Valenciana e Murcia.
? Zona Costeira Insular: Canarias e Illes Balears.
? Turismo de Interior, coas seguentes actividades:
Prazo de Solicitudes:
? 1º fase, con prioridade: Ata o 7 de xuño de 2017.
? 2º fase, para cubrir vacantes: ata o luns 26 de febreiro de 2018.
Para maior información, poden solicitar cita no Departamento de municipal de benestar no teléfono 988.49.30.00
O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 12 de maio de 2017.
Xurxo Rodríguez Méndez