Noticias de Castrelo
- Miércoles, Lunes, 25 de Noviembre de 2024
XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
FAGO SABER que a pasado 6 de xullo de 2017 publicáronse no Diario Oficial de Galicia nº 128, as seguintes subvencións para a rehabilitación e mellora enerxética das vivendas:
RENOVACIÓN DE CUBERTAS CON TELLA CERÁMICA
Qué se subvenciona: renovación de cubertas existentes de vivendas por unha cuberta con tella cerámica introducindo melloras significativas na demanda enerxética do edificio.
Custe subvencionable: máximo 55 €/m2 de cuberta.
Contía da subvención: 40% do custe subvencionable.
Data solicitude: 3 meses, dende o 7 de xullo ao 6 de outubro de 2017.
REHABILITACIÓN CON GRANITO DAS FACHADAS
Qué se subvenciona: fachadas pegadas e transventiladas de granito e perpiaño, introducindo melloras significativas na demanda enerxética do edificio.
Custe subvencionable: entre 100 e 140 €/m2 segundo o tipo de fachada.
Contía da subvención: 40% do custe subvencionable.
Data solicitude: 3 meses, dende o 7 de xullo ao 6 de outubro de 2017.
Para maior información sobre estas subvencións, pode dirixirse ao servizo municipal de urbanismo os luns e venres en horario de 10 a 14 e os mércores de 15 a 19 ou a través do correo electrónico urbanismo@castrelo.org .
O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 14 de xullo de 2017.
Xurxo Rodríguez Méndez