Noticias de Castrelo
- Miércoles, Sábado, 23 de Noviembre de 2024
XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
FAGO SABER que a Confederación Hidrográfica do Miño - Sil declarou a alerta por sequía na demarcación do Miño Sil, debido á escasez de chuvias rexistradas na conca hidrográfica nestes últimos meses, o que provocou que os caudales circulantes sexan moi inferiores aos normais nesta época do ano.
Polo tanto, nunha situación excepcional coma esta, solicítase a colaboración de todos os veciños no consumo responsable da auga, recordándolle a todos que:
- A auga do abastecemento non se pode usar para regar nin para outros fins que non sexa o consumo humano.
- Débense adoptar medidas de aforro de suministro en usos e destinos non prioritarios.
- Para evitar ter que aplicar medidas como a reducción da presión na rede, ou realizar restriccións temporais de auga, prégase un consumo responsable da auga que beneficiará a todos os veciños e veciñas.
Naqueles casos en que se aprecie que se fai un uso indebido ou desproporcionado do consumo e utilización da auga, procederase á adopción das medidas correctoras pertinentes.
O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento
Castrelo de Miño, 9 de outubro de 2017
Xurxo Rodríguez Méndez