Avelino Pazos Pérez tomou posesión como Alcalde / Presidente do Concello de Castrelo de Miño na sesión constitutiva do pleno do día 11 de agosto de 2020.
Conforme ao artigo 20.1.a da Lei 7/1985, os alcaldes, xunto co Pleno e os Tenentes de Alcalde, existen en todos os concellos. O alcalde é o presidente da Corporación e ostenta as funcións de dirección do Goberno e da Administración municipal, de representación do concello e a de convocar e presidir as sesións do Pleno. Ademais, tamén dirixe, inspecciona e impulsa os servizos e obras municipais, aproba a oferta de emprego público, ostenta a xefatura superior do persoal e o nomeamento de Tenentes de Alcalde.
Normativa: