Ir arriba

Sábado, 30 de Novembro do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Martes, Sábado, 30 de Novembro do 2024

Castrelo de Miño organiza a segunda edición do concurso de tapas

Galería de fotos

Castrelo de Miño organiza a segunda edición do concurso de tapas
O Concello de Castrelo de Miño organiza a segunda edición do concurso de tapas CastreloSabe baixo o título "Tapeando con autóctonas", para os días venres 7 e sábado 8 de abril desde a unha da tarde ata as 9 da noite en dous establecementos hostaleiros de Castrelo, a cafetería do Parque Náutico, en Barral, e o Bar Cuco, en Meizo.

Quen desexe probar algunhas das apetitosas tapas que se poñerán á venda por 2 euros poderán facelo o venres no Parque Náutico, para degustar solombo de Tenreira Cachena envolto en crema de champiñóns e bacón en hoxaldre, e o sábado no Bar Cuco, que ofrecerá arepa rechea de lombo de Tenreira Cachena asada con pementos, bacón e salsa.

Os clientes participarán nun sorteo cun boleto que facilitará cada establecemento no que escollerán o seu petisco favorito. O día 30, último domingo de mes, durante a tradicional feira de Castrelo, sortearanse varios agasallos a catro gañadores: tres lotes de botellas de viño Ribeiro, xunto cun libro e agasallos publicitarios; varios lotes de viño das adegas de Castrelo; unha noite romántica para dúas persoas; ou ben un circuíto termal no Balneario de Cortegada.

Con esta iniciativa proseguimos coa idea de revitalizar a economía de Castrelo, ademais de fomentar o consumo de razas autóctonas, neste caso Tenreira Cachena. CastreloSabe busca a diferenciación e a calidade da carne que se consumirá.
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com