Novas de Castrelo
- Martes, Venres, 29 de Novembro do 2024
Castrelo de Miño acollerá os luns e mércores desde o próximo 17 de abril ata finais de xuño un taller de memoria e estimulación cognitiva. Realizaranse en dúas quendas, ás 16:30 para as persoas usuarias da Vivenda Comunitaria e ás 18:00 para o resto dos veciños e veciñas de Castrelo que estean interesados. Estes talleres estarán impartidos por un educador social a través de Atelier Social.
Para inscribirse ou para recibir maior información está dispoñible o teléfono de atención ao cidadán do Concello de Castrelo de Miño (988 493 000), así como directamente nas dependencias municipais (Avenida Alejandro Ferrer, 18).