Novas de Castrelo
- Martes, Venres, 29 de Novembro do 2024
Os próximos luns 24 e martes 25 procederase a realizar unha proba de sirenas na presa de Castrelo de Miño entre as 9 da mañá e as 6 da tarde. A poboación das proximidades, isto é, Ribadavia, Castrelo e A Arnoia non deberán realizar ningunha acción, xa que se tratará de probas controladas dentro do Plan de Emerxencias que se está a deseñar.
Precisamente, con vistas a incrementar a seguridade das presas, Gas Natural Fenosa, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, a Unidade de Protección Civil da Subdelegación do Goberno en Ourense e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, levan a cabo este tipo de probas que se encadran dentro da implantación do Plan de Emerxencias co que contará proximamente a presa de Castrelo e que incluirá, entre outros labores, a instalación dunha rede de sirenas dentro da zona de influencia da presa.
Así mesmo, e durante os mesmos días e horas, a presa de Albarellos vivirá a mesma situación, polo que os veciños e veciñas de Boborás, O Carballiño, Leiro, Cenlle e Beade deberán tamén facer caso omiso ao son e continuar as súas actividades con normalidade.