Novas de Castrelo
- Martes, Xoves, 28 de Novembro do 2024
Os gañadores do concurso de tapas de Castrelo de Miño, CastreloSabe, coñecéronse o pasado domingo durante o transcurso da feira. Nunha caseta que a Federación de Razas Autóctonas de Galicia instalou á beira dos postos, Xiana Fernández, veciña de Prado, encargouse de extraer dunha urna as papeletas que resultaron gañadoras.
Lote de colleiteiros de Castrelo de Miño:
Carlos Abeledo Fernández
Juan Francisco Rodríguez Fernández
You Rodríguez
Lote de viños do Ribeiro:
Laura Gómez Paz
María Ángela Méndez Paz
Benjamín (FOZ)
Noite Romántica:
Emilio Alonso Rodríguez
Dous Cheques-Regalo Balneario Cortegada:
Patricia Senra Ferreiro
José Manuel Vázquez Bande
Pola súa banda, tamén se coñeceu a tapa máis votada polos participantes. O primeiro premio foi a parar á tapa que presentaron Mari e Manuel, do Bar Cuco, arepa rechea de lombo de Tenreira Cachena asada con pementos, bacón e salsa. A segunda máis votada, a da Cafetería do Parque Náutico, con solombo de Tenreira Cachena envolta en crema de champiñóns e bacón en hoxaldre. Emilio Cuiñas e Mari Rodríguez recolleron o seu diploma de mans da concelleira de Benestar Social, Rita María Lago, e do concelleiro de Desenvolvemento Rural, Alfredo Fernández.
Parabéns a todos e todas as premiadas. Dado o bo acollemento, o Concello de Castrelo de Miño non dubidará en seguir organizando próximas edicións do CastreloSabe.