Novas de Castrelo
- Mércores, Domingo, 29 de Decembro do 2024
ESTEBAN SUÁREZ MÉNDEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE)
CONTRATACIÓN DE 5 TRABALLADORES
PARA A PREVENCIÓN
E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS.
10/2019
ESTEBAN SUAREZ MÉNDEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
FAGO SABER que no Boletín Oficial da Provincia N° 169 do mércores 24 de xullo de 2019 publicáronse as bases para a contratación dunha brigada de prevención e defensa de incendios forestais:
- Un xefe de brigada (Enxeñeiro de montes, Enxeñeiro técnico forestal, Técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente).
- Catro peóns de brigada
Realizarase un contrato de obra/servizo para as labores de prevención e defensa de incendios forestais polo tempo determinado no Convenio de colaboración asinado coa Consellería de Medio Rural (3 meses).
Todos os interesados en participar deberán inscribirse desde o día 25 de xullo e como máximo ata o luns 29 de xullo de 2019. As bases e instancias estarán dispoñibles na web municipal www.castrelo.gal e no do propio taboleiro da Casa do Concello.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 24 de xullo de 2019
O Alcalde, Esteban Suárez Méndez.