Novas de Castrelo
- Xoves, Xoves, 28 de Novembro do 2024
XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
FAGO SABER que A comarca do Ribeiro é unha zona dedicada, de xeito predominante ao cultivo da vide. A viticultura é a principal actividade económica do noso concello.
Debido ás xeadas acontecidas nas noites do 27 e 28 de abril na comarca do Ribeiro, e que afectaron tamén a distintas zonas de Castrelo de Miño, producíronse danos cuantiosos nos viñedos da denominación de orixe, que van afectar á colleita deste ano 2017.
A situación acontecida é merecedora de habilitar recursos por parte das administracións públicas competentes para paliar na medida do posible, as perdas producidas para os viticultores, polo que desde o concello de Castrelo de Miño se:
- Solicita da Xunta de Galicia a declaración de zona catastrófica das áreas de produción afectadas pola xeada
- Solicita da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Ourense liñas de axuda para paliar na medida do posible os danos ocasionados
Así mesmo, anímase a todos os veciños do concello de Castrelo de Miño á asistir á manifestación convocada polos viticultores afectados e polas organizacións sindicais:
EN DEFENSA DA VITICULTURA
MANIFESTACIÓN
SABADO DIA 13 DE MAIO
Hora: 11 da mañán
SAÍDA: Frente o IES Ribeiro (Ribadavia)
EN DEFENSA DA COMARCA DO RIBEIRO
O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 12 de maio de 2017
O Alcalde
Xurxo Rodríguez Méndez