Martes, 26 de Novembro do 2024
FAGO SABER que a pasado 7 de marzo de 2017 publicouse no Boletín Oficial de Provincia de Ourense nº54 a aprobación do Programa de Vivendas Baleiras de Castrelo de Miño dentro do Plan Galego de Rehabilitación, Alugueiro e Mellora do Acceso á Vivenda 2015-2020.
Este programa permite, mediante xestión do concello e coas garantías ofrecidas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (seguro de fogar e contra impagos), a posta a disposición para aluguer de vivendas sen uso por parte dos propietarios así como a incorporación daquelas persoas interesadas en alugar unha vivenda en Castrelo.
Ademais o pasado 29 de maio de 2017 foi publicado no Diario Oficial de Galicia (nº100) a subvención do Programa Realuga dirixidas ás vivendas que se incorporen ao Programa de Vivendas Baleiras.
Estas axudas poderán acadar os 5.500 euros e destinarse á rehabilitación e acondicionamento de vivendas para garantir a súa habitabilidade.
Para maior información sobre este programa, tanto dos propietarios das vivendas como das persoas interesadas en alugar unha vivenda en Castrelo de Miño así como para informarse sobre a subvención dispoñible, pode dirixirse ao servizo municipal de Urbanismo e Servizos Sociais ou a través do correo electrónico urbanismo@castrelo.org.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 14 de xuño de 2017.
Xurxo Rodríguez Méndez
Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100
Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com