Novas de Castrelo
- Luns, Martes, 26 de Novembro do 2024
No Salón de plenos do Concello de Ourense a partires das 18 horas.
A Concelleira deportes, ensino, proteción civil, voluntariado e participación social do Concello de Castrelo de Miño, xunto coas técnicas do Concello de Castrelo de Miño e as asistentes do órgano de participación infantil participarán esta tarde na 1ª Sesión do Consello municipal de infancia e adolescencia ou grupo de participación infantil e adolescente do Concello de Ourense.
Os representantes do noso concello explicarán a súa andadura e a súa experiencia co grupo de participación infantil e adolescente ó efecto de motivar ós nenos e nenas. Este evento celebrarase no Salón de plenos do Concello de Ourense a partires das 18 horas.