Novas de Castrelo
- Venres, Luns, 25 de Novembro do 2024
XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
FAGO SABER que con data 3 de xullo de 2017 procederase á apertura das piscinas municipais, que permanecerán abertas en período estival, ata o 3 de setembro de 2017, no seguinte horario:
De mañá dende 11:30 H ata as 14:00 H
De tarde dende 16:30 H ata as 20:30 H
Corresponderá aboar pola prestación do servizo regulado as seguintes tarifas:
1. Entradas:
1.1. Adultos: 2 euros.
1.2. Nenos ata 14 anos, pensionistas e maiores de 65 anos: 1 euro.
1.3. Nenos de 0 a 3 anos: 0 euro.
2. Abonos de tempada:
Todos os interesados poderán solicitar un abono de tempada nas oficinas municipais que conta cunha bonificación do 50% sobre os prezos arriba indicados.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 30 de xuño de 2017
O alcalde, Xurxo Rodríguez Méndez