Novas de Castrelo
- Mércores, Luns, 23 de Decembro do 2024
Subvención INEGA Casa Niño de Prado
O Concello ven de rematar a instalación dun novo sistema de calefacción mediante caldeira de pellets na Casa Niño de Prado, instalación cofinanciadas mediante axudas da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).
O concello de Castrelo de Miño obtivo unha subvención do INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA) da CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA, por importe de 10.841,60 euros dentro da liña de axudas para proxectos de enerxías renovables térmicas cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco operativo Feder – Galicia 2014-2020.
A instalación realizada suporán un considerable aforro enerxético que sabemos que será ben aproveitado polos usuarios e usuarias, cunha importante mellora no confort deste centro, que atende aos mais cativos do concello.