Ir arriba

Xoves, 28 de Novembro do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Martes, Xoves, 28 de Novembro do 2024

Escola de empoderamiento Castrelo - Arnoia

Galería de fotos

Escola de empoderamiento Castrelo - Arnoia
Os Concellos de Castrelo de Miño e Arnoia en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, puxeron en marcha nesta anualidade o proxecto denominado “ESCOLA DE EMPODERAMENTO CASTRELO-ARNOIA” en aras á promoción da igualdade e da prevención da violencia de xénero; actividades subvencionas pola Unión Europea no marco das axudas para as entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do Programa FSE+ Galicia 2021 – 2027.
Un dos obxectivos desta “ESCOLA DE EMPODERAMENTO CASTRELO-ARNOIA”, que está destinada as mulleres de ambos Concellos, era a de promover o acceso das mulleres aos dereitos sociais e económicos, especialmente, para aquelas que, pola súa situación socio-económica, teñen maiores dificultades.
Coas iniciativas que se levaron a cabo nos Concellos de Castrelo de Miño e Arnoia, buscouse mellorar a calidade de vida das mulleres con dificultades e a súa integración, a través dunha mellor cualificación para o emprego, principalmente mediante actividades en camiñada a:
- Fomentar a autoestima e a confianza necesaria para que as mulleres se convertan en protagonistas activas do seu propio proceso de inserción social e laboral.
- Facilitando a súa incorporación e promoción no emprego estable, mediante información, motivación e asesoramento, técnicas de procura de emprego e formación acorde ás necesidades do mercado en cada zona.
Para lograr estes obxectivos impartíronse accións formativas durante os meses de xullo, agosto e setembro na quenda da tarde de luns a venres en ambos concellos e repartidos en distintos núcleos de poboación, para facilitar o acceso ao maior números de mulleres posibles.
Os obxectivos que se obtiveron foron, entre outros:
- Fomentar a diversidade e a igualdade de xénero e previr a violencia de xénero .
- Previr o Edadismo a discriminación por idade.
- Fomentar unha vida activa atreves do exercicio, nutrición saudable, primeiros auxilios...
- Potenciar a imaxinación e traballar a memoria mediante diferentes manualidades.
En definitiva este proxecto buscaba espertar, potenciar, reforzar e consolidar a autoestima das mulleres e a súa situación persoal e emocional.
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com